viernes, 1 de abril de 2016

A noiva pantasma

Hola a tod@s sinto moito a espera pero non pasa nada... por que xa vovemos cunha lenda que me recomendou un compañeiro de clase.


Unha noiva estaba esperando polo noivo na igrexa pero o noivo, polo visto cambiara de idea, non se presentou. Entón a noiva subíu a un coche e fuxiu sen que os invitados á voda fosen capaces de detela.
A noiva colleu a estrada de Baiona cara A Guarda e nunha curva moi perigosa, en Santa María de Oia, concello de Oia (Pontevedra), que non víu pois caía unha treboada moi forte e ademais as bágoas impedíanlle a visión, envorcou e morreu.
Dende entón se alguen pasa nunha noite de mal tempo polo cabo Silleiro pode ser que se tope coa pantasma da noiva no medio da estrada e que chama polo que pasa.
Segundo uns chama para avisar á xente que teña coidado na curva na que ela morreu; segundo outros o que realmente desexa é que o conductor se mate e así poder ter xunto dela a pantasma dun home como castigo polo que lle fixera o noivo en vida.
Sexa o que sexa, moito olliño con esa estrada; con noiva fantasma ou sen ela é moi perigosa.